SERVIZO de A.E.D.L
O Concello de Agolada, dispón dende o ano 2003 do servizo de Técnico de Emprego, que posteriormente no ano 2006 pasou a denominarse Axente de Emprego e Desenrolo Local. Dende un principio o servizo se veu beneficiado pola financiación aportada para a contratación do persoal por parte da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar. Nos primeiros anos de servizo a cobertura financeira para os custos salariais acadaou o 100% do total, e dende o 2006 ate o ano 2013, a financiación acadaou o 80% do total , polo que o custo dos servizos prestados supuxeron para o Concello de Agolada tan só un 20% do total nos derradeiros anos do servizo. En outras palabras, de dez anos de servizos 8 foron a custe cero para o concello o cal manifesta a boa xestión do equipo de goberno municipal, para aproveitar as ocasions que se lle brindan dende a Xunta de Galicia mediante a aplicación dos Fondos Europeos.
Os Axentes de Emprego desenrolan as súas actuacións traballando en entidades locais tales coma concellos , mancomunidades e deputacións, así como tamén en entidades distintas da local, tales coma as universidades, as asociacións empresariais etc...
Os mesmos se atopan artellados nunha rede de técnicos que interactúan e se dan apoio mutuamente e colaboran na resolución de problemáticas que se lles presentan no seu traballo, de xeito que a finalidae última sexa a de dar respostas precisas as demandas dos interesados.
Entre os concellos asinantes do acordo para o servizo de orientación laboral, os concellos de Agolada e Rodeiro dispoñen de este servizo que colabora co de Orientación Laboral en materias de emprego, tanto para as contratacions por conta allea como para a promoción do autoemprego. Na actualidade tamén o Concello de Dozón presentou solicitude para optar a dito servizo e prestar un maior feed back laboral aos usuarios desempregados.
IGAPE
BICGALICIA