A partir do ano 2012, tras detectar un agravamento nas situacions dos veciños de Agolada, Rodeiro e Dozón, nos temas vencellados ao emprego, e para colaborar de xeito máis efectivo e directo co sistema público de emprego de Galicia, a  fin de tentar dar respostas a intensidade da crise na zona da Comarca do Deza, o Concello de Agolada, chegou a un acordo de colaboración cos concellos de Rodeiro e Dozón, para a posta en funcionamento do servizo de Orientación Laboral, servizo de caracter intermunicipal,  que está subvencionado nun 100% pola Consellería de Traballo e Benestar a través da dirección xeral de Formación e Colocación ,e cuia finalidade é a deproporcionar  asesoramento e acompañar aos desempregados na súa tarefa de procurar un novo emprego. Néste servizo poden atopar consello aqueles interesados en xeral que así o procuren, para mellorar a súa empregabilidade, asesoramento que vai dende as axudas as que teñen opción de acollerse , pasando polos consellos para a elaboración dun curriculum vitae, dunha carta de presentación , consellos para enfrontarse a unha entrevista de traballo, elaboración de análise de potencialidades propias da persoa para superar o desemprego etc...
 
Ditos servizos son gratuitos e se establece en colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, sen cuio apoio este servizo non sería viable. Para aceder ao mesmo e posto que depende da Xunta de Galicia, algúns usuarios veñen derivados do servizo público de emprego de Galicia con cita para entrevistas concertadas de carácter obrigatorio e os demais interesados,  poden aceder libremente ao servizo para obter asesoramento ante diferentes situacions laborais sobre todo os que se atopan en situación de desemprego.